Ruta pola senda das cegoñas brancas no concello de Maceda
É un percorrido circular de tres quilómetros no que se poden observar ata catorce niños
Está organizada polo colectivo Amigas das Cegoñas, que puxo en marcha a senda hai un ano
Están en pleno proceso de cría, cos polos no niño, por iso é a mellor época para observar de preto as cegoñas. Tamén cando debemos ter máis coiado, como nos lembra Nancy Blanco, presidenta da Asociación Amigas das Cegoñas.
Ela foi a encargada de guiar, este domingo, un pequeno grupo de persoas pola senda que puxeron en marcha hai pouco máis dun ano en Maceda, a primeira deste tipo en Galicia. Cando botou a andar contaba con once niños, agora xa son catorce.
"Nós o único que fixemos é colocar plataformas para axudarlles cos niños pero elas concentráronse aquí de forma natural formando unha colonia", subliña Nancy Blanco.
Un dos puntos máis importantes da senda é o niño real, un dos primeiros de Maceda con máis de trinta anos. Daquela tan só quedaban un par de niños en toda comarca, agora son 45.
A senda conta cunha audioguía que se pode descargar a través dun código QR. É un percorrido circular de tres quilómetros que nos permite coñecer de preto a realidade da cegoña branca.