Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viño, música tradicional e un patrimonio único na ruta das Covas de Seadur

Viño, música tradicional e un patrimonio único na ruta das Covas de Seadur

Dende hai dúas décadas os veciños desta aldea do concello de Larouco abren as portas das súas peculiares covas e adegas aos visitantes

G24.gal 20/04/2025 09:38 Última actualización 20/04/2025 10:08

Escavadas na pedra ou na terra, as covas de Seadur, no concello de Larouco, son un reflexo da importancia económica e cultural que sempre tivo o viño nesta zona de Valdeorras.

En menos dun quilómetro atopamos ata 72 construcións deste tipo, máis de 80 en toda aldea. Son cavidades onde a colleita se conservaba durante máis tempo grazas á temperatura e á ventilación.

Hai dúas décadas un grupo de amigos decidiu abrilas e ofrecer viño, música e gastronomía para recadar cartos para a festa, como nos comenta Elena Álvarez da Asociación de Coveiros. 

O éxito da convocatoria fixo que se convertera nunha cita imprescindible da Semana Santa que congrega xente chegada de toda Galicia e mesmo de fóra.

Sen dúbida, é unha oportunidade para coñecer este patrimonio único que vai camiño de se converter en Ben de Interese Cultural para garantir a súa conservación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade