Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira do viño de Amandi atrae milleiros de visitantes a Sober na súa 45 edición

A Feira do viño de Amandi atrae milleiros de visitantes a Sober na súa 45 edición

Participaron 22 adegas desta subzona da denominación de orixe Ribeira Sacra

G24.gal 13/04/2025 14:37 Última actualización 13/04/2025 15:23

Un total de 22 adegas participan na Feira do Viño de Amandi, o mellor mostrador para os viños que se producen nesta subzona da Ribeira Sacra.

"Tes godello, tes mencía, tes rosado, e tamén unha edición limitada que sacamos da viña da Cividade", explica Maria Jesús López, da adega Cividade.

"Temos unha novidade, un vermú de viño", di Javier Rodríguez, da adega Val da Lenda.

"Temos rosado, godello, un godello de barrica, e sobre todo mencía, que é a variedade principal", asegura Alia Pérez, da adega Regina Viarium.

Milleiros de persoas achegáronse ao longo da fin de semana ata a praza do concello de Sober para probar os viños da zona. Neste día grande da feira celébrase a cata oficial. Un xurado formado por membros da Federación Española de enólogos elixe os mellores viños da colleita do ano pasado.

"É o día grande para nós, cando entregamos os premios do concurso e cando temos a nosa embaixadora de honra, que este ano é Lucía Pérez, que onte xa deu un concertazo", di o alcalde de Sober,  Luis Fernández.

A Feira do viño de Amandi é a máis antiga das que se celebran na Ribeira Sacra. Fai 45 anos nesta edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade