Un autobús queda atascado nunha curva de acceso aos canóns do Sil
Trasladaba un grupo de xubilados que e dirixían cara ao embarcadoiro para facer unha ruta en catamarán
Unha muller quedou ferida leve ao mancarse cando baixaba do vehículo

Un autobús cunha excursión de xubilados quedou atascado nunha curva dunha das estradas que dá acceso aos canóns do Sil, en Ferreira de Pantón. No sinistro resultou ferida leve unha muller ao baixar do vehículo.
Dirixíanse a facer unha ruta en catamarán e nunha curva moi pechada o autobús quedou bloqueado e nunha posición perigosa. A parte frontal do vehículo quedou no bordo da calzada sobre un desnivel que acababa no río.
Ao parecer puido ser o GPS o que os levou por esa estrada. É a que vai desde Ferreira de Pantón ata a ponte de Santo Estevo, que no seu treito final na baixada ao Sil a estrada estréitase, é en pendente e con moitas curvas pechadas. O camiño con menos dificultade seria facelo polos Peares.
Ata o lugar houbo que desprazar un guindastre de grandes dimensións para desbloquear o autobús. Para conseguilo houbo que quitarlle algunhas pezas ao vehículo, movérono co guindastre e co chofer ao volante conseguiron dirixilo fóra da curva.