Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo de Ramos en Lugo coa procesión da Virxe das Dores

Domingo de Ramos en Lugo coa procesión da Virxe das Dores

Este desfile procesional honrou, coma cada Semana Santa, o sufrimento de María ante a inminente paixón do seu fillo Xesús

A imaxe da Virxe estivo acompañada polos confrades e os fieis nun ambiente de respecto e sobriedade

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 13/04/2025 21:13

Tarde de Domingo de Ramos en Lugo coa emotiva procesión da Virxe das Dores. O acto relixioso comezaba sobre as sete da tarde no convento dos Franciscanos. 

Este desfile procesional honrou, coma cada Semana Santa, o sufrimento de María ante a inminente paixón do seu fillo Xesús.

"Somos 40 portadores os que levamos a Virxe e 30 mulleres que portan o Cristo", di un dos confrades.

A imaxe da Virxe, con expresión de dor e ataviada cun manto de loito, percorreu varias rúas da cidade, regresaba á Praza Maior e remataba novamente fronte ao convento dos Franciscanos.

"É unha procesión que recuperou esta confraría hai anos porque era unha das máis antigas que había aquí en Lugo e desapareceu co tempo. Desde o ano 2010 estamos saíndo seguido", engade outro confrade.

A imaxe da Virxe estivo acompañada polos confrades e os fieis nun ambiente de respecto e sobriedade. As candeas e os adornos florais enmarcaron o acto procesional. 

Os devotos participaron na procesión, na que o silencio, apenas interrompido por marchas procesionais interpretadas por bandas de música, envolveu este exercicio relixioso que, coma cada ano, invita á reflexión sobre o amor materno e o sacrificio.

Este é un dos actos que tradicionalmente invita os devotos ao recollemento espiritual que vai caracterizar o resto da Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade