Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hai aumento de prazas pero os trens entre Galicia e Madrid van igualmente cheos en Semana Santa

Hai aumento de prazas pero os trens entre Galicia e Madrid van igualmente cheos en Semana Santa

Os que logran viaxar estes días en tren recoñecen que mercaron o billete hai meses

Hai aumento de prazas en Semana Santa pero non chegan para a elevada demanda

G24.gal 17/04/2025 13:57

Na estación de Santiago, comprobamos que todos os trens que van a Madrid ou os que chegan da capital fano absolutamente completos. Falamos con algúns dos viaxeiros que lograron ticket e aseguran que mercaron os boletos con moita antelación, claro. Nós quixemos facer o mesmo e ver opcións e posibilidades de viaxe para estes días de Semana Santa. Vemos que aínda quedan algúns billetes para días soltos pero non para o domingo. Agora mesmo, viaxar de Santiago a Madrid este domingo 20 de abril é imposible. Está todo vendido.

Chegar a Santiago a pé e volver a casa en tren. É o plan de perfecto para moitos peregrinos. O prezo relativamente baixo do tren, o aumento das frecuencias e que as estacións estean case sempre no centro das cidades fai que os trens vaian a tope.

Hai reforzo e aumento de prazas en Semana Santa, malia iso, as prazas véndense rápido. Os que quixeron asegurar a viaxe de Madrid a Galicia estes días, por exemplo, tiveron que ser moi previsores.

Mercar con tempo e, ás veces, que haxa ou non billetes condiciona e obriga a modificar parte das vacacións.

Despois da Semana Santa, a partir do martes 21 de abril, hai un cambio no primeiro tren Rexional da mañá que sae de Vigo Guixar con destino Coruña ás 5 da mañá. Por obras temporais, cambia de estación, sairá de Urzáiz e será ás cinco e oito da mañá, oito minutos máis tarde do habitual. Mentres duren as obras, Adif anuncia que ese tren non fará parada en Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade