Sistema de monitoreo en tempo real dunha adega, unha iniciativa que transforma o tecido produtivo
En Meaño, na bodega Paco e Lola, vangarda e tradición van da man
Falamos moitas veces dos fondos europeos, pero en poucas ocasións paramos para ver o seu impacto real no día a día das empresas. Por iso fomos coñecer algúns proxectos que prosperaron grazas a eses cartos da Unión Europea. Iniciativas que transforman o tecido produtivo.
Un deses proxectos témolo aquí, en Galicia. En Meaño, na bodega Paco e Lola, vangarda e tradición van da man. Grazas a un sistema de monitoreo en tempo real, a bodega pode controlar a temperatura e a humidade con precisión optimizando o proceso e reducindo os desperdicios.
En Galicia tamén ten presenza a Escola de Emprendedoras Juana Millán, un espazo para a formación e o apoio a emprendemento liderado por mulleres.
Son dous exemplos. Pero hai moitos máis que demostran que si, que os fondos europeos chegan á actividade do día a día e poden contribuír a mellorar a vida de empresas e cidadáns.