Publicador de contidos

Publicador de contidos

Norvento recibe 27,5 millóns de fondos europeos para a planta de cero emisións que construirá en Lugo

Norvento recibe 27,5 millóns de fondos europeos para a planta de cero emisións que construirá en Lugo

Trátase dun dos 77 proxectos que asinaron o Grant Agreement coa Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestruturas e Medio (CINEA)

É o único proxecto dunha empresa 100% española, seleccionado na categoría de fabricación de compoñentes para enerxías renovables con foco en almacenamento

G24.gal 18/03/2025 15:54

Norvento informou este martes de que resultou seleccionada para obter unha axuda do Fondo Europeo de Innovación para o seu proxecto de fábrica autosuficiente e neta en emisións -neFO-, que construirá no Parque Empresarial As Gándaras, en Lugo, preto da súa sede CINEA.

O proxecto foi elixido para recibir unha subvención de 27,5 millóns de euros.

Segundo indica a compañía nun comunicado, trátase dun dos 77 proxectos que asinaron o Grant Agreement coa Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestruturas e Medio (CINEA) dun total de 337 presentados, procedentes de 27 países.

É o único proxecto dunha empresa 100% española, seleccionado na categoría de fabricación de compoñentes para enerxías renovables con foco en almacenamento.

O proxecto de fábrica autosuficiente e neta en emisións, neFO, é unha iniciativa de Norvento que busca desempeñar un papel fundamental no mercado dos produtos para a xeración, xestión e almacenamento de enerxía, contando coas máis disruptivas tecnoloxías ao servizo da innovación.

Fabricará aeroxeradores de vangarda, equipos de almacenamento de baterías avanzados e convertidores de enerxía modernos, todos deseñados para integrarse perfectamente nun sistema único e eficiente adaptado ás necesidades dos seus clientes.

Ademais, o proxecto neFO evitará a emisión anual de 187.000 toneladas de CO2 a partir da súa entrada en operación, dado que se trata dunha fábrica neutra en emisións que xerará a súa propia enerxía e almacenaraa grazas aos propios sistemas tecnolóxicos alí fabricados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade