Publicador de contidos

Publicador de contidos

A instalación de aerotermia e placas solares nun edificio de Vigo aforrará un 60 % de gasto aos veciños

A instalación de aerotermia e placas solares nun edificio de Vigo aforrará un 60 % de gasto aos veciños

A reforma enerxética permitirá tamén un aforro de emisións de CO2 dun 70 % nunha comunidade de 66 vivendas

Estiman recuperar o investimento nuns sete anos

G24.gal 27/02/2025 19:34 Última actualización 27/02/2025 20:35

Para reducir o consumo de gasóleo e luz, unha comunidade de veciños de Vigo decidiu apostar pola instalación de aerotermia e placas solares. Francisco Giraldez, veciño da comunidade explica que tiñan "unha caldeira de gasóleo moi contaminante e pouco eficaz" e por iso buscaron "alternativas máis ecolóxicas". 

Luz Lavía, do Grupo Ares PMO, foi a encargada de levar adiante o proxecto: "substituíuse por un sistema de aerotermia alimentado por un sistema solar fotovoltaico para auga quente e calefacción".

O custo desta instalación rolda os 180.000 euros para unha comunidade de 66 vivendas. Lavía explica que calculan que "van ter un aforro dun 60 % economicamente e un aforro de emisións de CO2 dun 70 %. Estimamos que recuperarán o investimento nuns sete anos". Giraldez recoñece que "xa de entrada baixamos á metade o gasto en auga quente e calefacción da media de todo o ano".

Confían en que dende marzo e ata outubro teñan un excedente da enerxía fotovoltaica que poidan empregar para a iluminación dos portais ou o uso dos ascensores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade