A industria alerta da importancia do desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia
As empresas advirten dos riscos da paralización dos parques eólicos
A demanda de enerxía vive un momento histórico. Os datos falan por si mesmos.
"Nos dous últimos anos hai peticións que equivalen a duplicar as conexións á rede eléctrica en España", explica Miguel Temboury, director territorial de Endesa.
Son proxectos que buscan enerxía renovable e competitiva aos que non se pode dar resposta por falta de capacidade da rede eléctrica e tamén de custo para algúns consumidores. As empresas piden solucións.
"Estamos trasladándolle ao ministerio un decálogo de medidas que permitirían unha mellor utilización da rede existente", di Miguel Temboury, director territorial de Endesa.
Un contexto que, din os expertos, abre unha oportunidade de futuro para Galicia co seu potencial eólico. Pero piden certezas ante unha situación que ten paralizados un total de 97 parques por demandas xudiciais.
"A empresas que queren investir non van agardar anos a que se revolva. Os proxectos que se van establecer vano facer agora. Aquí ou noutro lugar. E non van volver cando nós teñamos solucionado o noso problema", advirte Pablo Rifón, director de Operacions de Resonac
A importancia do desenvolvemento das renovables para o futuro industrial de Galicia reuniu no Museo Fernández Latorre representantes do tecido produtivo de Galicia.