O pagamento cos dispositivos móbiles é o método máis seguro
Arredor da metade da poboación xa utiliza regularmente os seus teléfonos como medio de pago
Os pagamentos co móbil seguen medrando entre a poboación. A comodidade ou a rapidez son dúas das súas vantaxes máis destacadas. Pero outro motivo podería ser que mesmo a Policía Nacional fala del como un dos métodos máis seguros na actualidade.
Os pagamentos co móbil son cada vez máis habituais para moitos de nós. Trátase dun método que proporciona, igual que as tarxetas bancarias, unha cobertura e protección antifraude superior ao efectivo. Os usuarios falan de numerosas vantaxes para xustificar a utilización destes dispositivos. Ten tamén algunha desvantaxe, como que non acepten pagos por datáfono ou non funcione. Ou quedar sen batería. Pero a seguridade é superior á outros métodos de pago.
Arredor da metade da poboación utiliza xa con regularidade este método, que comezou a estenderse paseniñamente hai uns 10 anos.