A minería galega reclama máis investigación para converter indicios en proxectos
O solo galego alberga 34 minerais considerados fundamentais pola Unión Europea
O sector pide reducir a burocracia e unha lexislación clara
O director xeral de Cobre San Rafael reclama firmeza á Administración para que a "presión social non tire abaixo proxectos"
O potencial mineiro galego vese nas cifras. Líderes mundiais en produción de lousa. E referencia nacional, se falamos de granito. 10.500 familias dependen da minería.
Pero a riqueza vai máis aló. No noso solo hai 34 materias primas fundamentais para o futuro da industria e da transición ecolóxica. Pero temos un problema: a escasa investigación. Esa investigación é o que reclaman os expertos para a serra do Galiñeiro, onde se sitúa un dos principais xacementos identificados en España de terras raras. Calcúlase que podería producir case 3.000 toneladas anuais.
Máis avanzado está o proxecto da mina de cobre de San Rafael, en Touro. O seu director xeral, Fernando Riopa, reclámalle á Administración unha lexislación clara, que se respecte, e evite que a "presión social tire abaixo proxectos".
A día de hoxe poñer en marcha un proxecto mineiro en Galicia pasa unha media de entre 10 e 12 anos. Europa pretende reducilo a 27 meses. O sector aplaude a iniciativa.