Só tres de cada dez galegos len as etiquetas dos alimentos
Os galegos preocupámonos polos nosos hábitos alimentarios, pero non lemos as etiquetas dos alimentos
Un dos motivos polos que este hábito non acaba de gañar adeptos son as propias etiquetas
Os galegos estamos entre os que menos len as etiquetas dos alimentos. Só tres de cada dez cidadáns o fan. Son os ingredientes e os nutrientes o que máis se consulta.
Que a lectura da etiquetaxe siga a ser un hábito pouco consolidado na nosa comunidade ten varias explicacións. Outra das razóns está nas propias etiquetas. Cren que as etiquetas son pouco claras e difíciles de ler.
Os españois preocúpanse polos seus hábitos alimentarios, pero non len as etiquetas dos alimentos. É a conclusión dun estudo realizado pola Fundación Española de Nutrición co grupo Gallo, en que se enquisaron preto de 5.000 persoas.