A bombona de butano encarecerá este martes un 6,19 %, ata os 17,67 euros
O incremento débese principalmente á suba das materias primas e dos custes de comercialización

O prezo máximo de venda ao público da bombona de butano rexistrará un incremento do 6,19 % e situarase nos 17,67 euros a partir de mañá, martes, segundo publicou hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE).
O prezo máximo de venda dos gases licuados do petróleo envasados (GLP) en envases de entre 8 e 20 quilos, é dicir, a tradicional bombona de butano, non está liberalizado e revísase bimestralmente o terceiro martes do mes a través dunha resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
Esta revisión, que se calcula tendo en conta o custo da materia prima (propano e butano) nos mercados internacionais, o prezo do transporte desta e os tipos de cambio, estaba limitada ao 5 % á alza ou á baixa, aínda que segundo unha orde TED do pasado 4 de marzo, esa porcentaxe poderase superar de forma temporal.
O incremento desta última revisión débese principalmente ao encarecemento de case o 5 % da cotización das materias primas e á subida superior ao 14 % do custo de comercialización.