Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prorróganse as axudas do Plan Moves III para a compra de vehículos eléctricos ata o 30 de xuño

Prorróganse as axudas do Plan Moves III para a compra de vehículos eléctricos ata o 30 de xuño

Esténdese tamén a dedución do 15 % na compra dun ata o 31 de decembro de 2025

Foto de aquivo (Europa Press) Foto de aquivo (Europa Press)
G24.gal 24/12/2024 10:19

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este martes, para a súa entrada en vigor dende este mércores, a prórroga da vixencia das axudas do Plan Moves III para a compra de vehículos eléctricos, pilas de combustible e puntos de recarga ata o próximo 30 de xuño de 2025, coa que se estende tamén a dedución do 15 % na compra dun vehículo eléctrico ata o 31 de decembro de 2025.

En particular, o proxecto, que conta cunha dotación total de 1.550 millóns de euros, manterase vixente ata o próximo 30 de xuño de 2025, período no que as comunidades autónomas poderán seguir atendendo as peticións de axuda que reciban para a adquisición dun vehículo cero emisións.

Deste xeito, o Goberno atende as demandas do sector do automóbil en España, que pedía unha extensión deste programa ante a ausencia dun que incentivase a demanda e o uso do vehículo eléctrico no país.

A última prórroga para a axuda á adquisición dun vehículo eléctrico foi lanzada no xuño pasado cunha dotación de 1.500 millóns de euros, tras a dimisión do anterior presidente da Asociación de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac) e conselleiro delegado de Seat/Cupra, Wayne Griffiths.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade