Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohiben o paso de vehículos de gran tonelaxe polo viaduto de Tremor, na A-6

Prohiben o paso de vehículos de gran tonelaxe polo viaduto de Tremor, na A-6

Os transportes especiais de máis de 44 toneladas teñen que desviarse pola estrada nacional

O viaduto é semellante ao que colapsou no Castro e estudan se hai que reparalo

G24.gal 20/12/2024 15:03 Última actualización 20/12/2024 15:12

O viaduto de Tremor é un dos máis altos de toda a A-6. Trátase dunha estrutura semellante á que colapsou no Castro e, dende entón, e por prevención, xa se realizaron nel diversos traballos. 

Así e todo, dende o Ministerio de Transportes estudan se a ponte ten que ser reforzada, e entre tanto reabriuse, mais non para todos. Os transportes especiais de máis de 44 toneladas deben desviarse pola estrada nacional, un novo atranco para un traxecto con moitos condicionantes.

Moitos condutores, especialmente os camioneiros, xa temen un novo peche, un novo desvío que sería de máis de dez quilómetros. A estrutura leva meses monitorizada para estudala ao detalle. De ter que reparala, os traballos serían complexos, dado que aquí non se trata de dous viadutos, senón dun único.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade