Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falta de visibilidade, cegamento e somnolencia, os maiores temores nocturnos ao volante dos españois

Falta de visibilidade, cegamento e somnolencia, os maiores temores nocturnos ao volante dos españois

Os accidentes nocturnos crecen un 24% en 10 anos, rexistrando un 55% máis de falecidos que os diúrnos, segundo un informe da Fundación Línea Directa

Na última década rexistráronse 6.500 falecidos en 276.000 accidentes nocturnos 

Foto de arquivo dun accidente na A-52 / EP Foto de arquivo dun accidente na A-52 / EP
G24.gal 26/11/2024 11:35

O estudo Condución nocturna: risco, accidentalidade e percepción dos condutores españois (2013-2023), da Fundación Línea Directa, presentou este martes os seus resultados ao público. Nel póñense de manifesto os perigos de conducir de noite e os principais temores dos españois ao viaxaren neste momento do día: falta de visibilidade, somnolencia e cegamentos. Tamén recolle os datos da última década, con 6.500 mortos en 276.000 accidentes nocturnos con vítimas.

Entre 2013 e 2023, o número de falecidos aumentou máis do 24 % e chegou neste último ano á cifra de 641. O informe tamén destaca a maior letalidade dos accidentes nocturnos, un 55% máis de falecidos ca os diúrnos e un 10,5% máis de feridos graves en proporción. Estes accidentes soen ter lugar ao inicio ou ao final da noite, pero os máis letais rexístranse entre as 3 e as 5 da madrugada. 

O 10 % dos falecidos en accidentes nocturnos dan positivo en alcol e a vítima máis habitual adoita ser un home de 38 anos de media, con case 20 anos de experiencia conducindo un turismo de 10 a 15 anos de antigüidade e transitando por vía urbana.

Por mor das preocupantes cifras, a directora xeral da Fundación Línea Directa, Mar Garre, fai unha chamada de atención para as vindeiras datas de Nadal, nas que as horas de lecer e celebración abundan, para que os condutores recorden que o consumo de alcol é incompatible con poñerse ao volante.

O estudo tamén recolle datos da poboación e destaca que o 5 % dos condutores españois afirma que sufriu un accidente pola noite e case o 20 % asegura que estivo a piques de telo. Os cidadáns españois apuntan que as posibles solucións poden ser mellorar a iluminación das vías convencionais e prohibir aos ciclistas e peóns circularen por vías interurbanas pola noite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade