Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montero pon "a man no lume" polo seu xefe de gabinete e por Santos Cerdán

Montero pon "a man no lume" polo seu xefe de gabinete e por Santos Cerdán

A vicepresidenta primeira do Goberno di que se Aldama foi a prisión preventiva foi por unha investigación da Axencia Tributaria e nega que mantivese encontro ningún co "conseguidor" da trama Koldo

Koldo García nega que dirixentes socialistas cobrasen comisións de Aldama

O PSOE solicita comparecer nas dúas causas abertas na Audiciencia Nacional contra Víctor de Aldama

María Jesús Montero durante a comparecencia na comisión de investigación do caso Koldo (EFE/JJ Guillén)
G24.gal 26/11/2024 10:41 Última actualización 26/11/2024 12:15

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda María Jesús Montero defendeu o seu xefe de gabinete Carlos Moreno, acusado polo conseguidor da trama Koldo, Víctor de Aldama, de recibir 25.000 euros, e asegurou que pon "a man no lume" por el.

Nos mesmos termos se referiu Montero ao secretario de Organización do PSOE Santos Cerdán, con quen dixo ter unha estreita relación, e volveu usar esa expresión: "Tamén poño a man no lume", dixo

Ademais, a vicepresidenta primeira defendeu que De Aldama foi a prisión preventiva precisamente por investigacións iniciadas pola Axencia Tributaria, tanto no caso da fraude de hidrocarburos como no chamado caso Koldo, que investiga comisións ilegais na compra de máscaras durante a pandemia de coronavirus.  

Montero lembrou que De Aldama, ao que se referiu como "delicuente confeso", declarou en calidade de imputado e, por tanto, sen obriga de contar a verdade, o que lle serviu para que cesase a súa prisión provisional, polo que segundo a vicepresidenta do Goberno, "dixo unha serie de mentiras dirixidas contra persoas honorables".

A ministra dixo tamén que non tivo "xamais" ningunha reunión nin con Víctor de Aldama nin con outro investigado, Koldo García, e que o primeiro nin o coñecía mentres que o segundo si que o coñecía, como asesor do exministro José Luis Ábalos, pero nunca tivo trato con el. 

Montero fixo estas declaracións este martes no Senado, precisamente na comisión de investigación sobre a compra de máscaras e a presunta trama en que a Garda Civil sitúa o exministro José Luis Ábalos e a súa man dereita Koldo García.

Víctor de Aldama, na súa declaración voluntaria ante o xuíz da semana pasada, acusou varios cargos socialistas de recibiren diñeiro en efectivo. Entre outros, mencionou o xefe de gabinete da vicepresidenta Montero, que o definiu como un "magnífico servidor público".  

Considera ademais que é "unha barbaridade" que se mencionase nesta causa: "Poño a man no lume por el", remarcou Montero.    

Aldama declarou que entregou ese diñeiro despois de que Moreno lle axudase co aprazamento de pagos dunhas empresas. Montero foi interrogada sobre este extremo e sinalou que ese tipo de asuntos "non chegan" ao ámbito da ministra e ademais indicou que descoñece se ese aprazamento do que fala Aldama se produciu.

O Senado interrompe a comparecencia de Montero para deixarlle ir votar ao Congreso

A comisión de investigación no Senado decidiu interromper a comparecencia de María Jesús Montero, que alegou que debe acudir votar ao pleno do Congreso dos Deputados na súa condición de parlamentaria.

O presidente da comisión, o popular Eloy Suárez reprochou a Montero que non comunicase previamente que debía acudir á Cámara Baixa, pero accedeu á súa petición. A comparecencia da ministra retomarase ás 16 horas deste mesmo martes, segundo sinalou.

Visiblemente molesto, Suárez advertiu que de aquí en diante aplicará o regulamento "á machada" e reprochou á número dous do Goberno que comunicase a súa circunstancia á Mesa este mesmo martes, xa sen tempo para buscar unha solución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade