Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous socios de Aldama desmárcanse da trama das máscaras do caso Koldo

Dous socios de Aldama desmárcanse da trama das máscaras do caso Koldo

Interior estuda como retirarlle a Medalla á Orde do Mérito concedida pola Garda Civil a Aldama

Esta semana declaran na comisión de investigación do Senado a vicepresidenta Montero e os ministros Torres e Puente 

Socios de Aldama declararon este luns na Audiencia Nacional
G24.gal 25/11/2024 14:25

Dous socios de Víctor de Aldama evitan explicar os pagos ao exasesor do ministro Abalos.  Estaban citados na Audiencia Nacional acusados de branqueo de capitais na trama de máscaras do caso Koldo, pero tanto Luís Alberto Escolano coma César Moreno desmárcanse das actividades.

Podemos ve responsabilidade de Pedro Sánchez neste caso e esíxelle explicacións no Congreso. O búmerang Aldama alcanza o executivo, o PSOE e tamén a Garda Civil. Hai dous anos condecorouno coa Medalla á Orde do Mérito "polo seu tributo a España e os seus profundos valores", segundo recolle o xornal El Mundo. Agora Interior estuda como retirarlla.

A Moncloa tacha de mal intencionada a confesión do comisionista. En Génova deixan claro que si o cren. Din que a lexislatura está "morta" e pídenlle a Sánchez que dimita. Non concretan cando o van citar á comisión de investigación do Senado, pero dan por feito que terá que ir.

Antes, esta mesma semana, deberán comparecer ata tres ministros. Este martes, a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, e o xoves os ministros Torres e Puente. En Facenda, Aldama sostivo que lle pagou 25.000 euros ao xefe de Gabinete da ministra de Facenda por lograr aprazar un pago a unha das súas empresas, despois de consultalo "coa xefa". E de Ángel Víctor Torres dixo que na súa etapa como presidente das Canarias quería cobrar 50.000 euros en comisións polas xestións para a compra de máscaras nas Canarias, pero que se negou a pagarllos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade