Koldo García nega que dirixentes socialistas cobrasen comisións de Aldama
Koldo García nega que dirixentes socialistas cobrasen comisións de Aldama
Pide que Aldama presente xa as probas a que aludía á súa saída de prisión o pasado 21 de novembro
O PSOE solicita comparecer nas dúas causas abertas na Audiciencia Nacional contra Víctor de Aldama
O asesor do exministro José Luis Ábalos, Koldo García, nega participar no pagamento de comisións ilegais aos dirixentes socialistas sinalados por Víctor de Aldama durante a súa comparecencia na Audiencia Nacional, Ángel Víctor Torres, Santos Cerdán e Carlos Moreno.
Nunha entrevista en El Periódico de España, García asegura: "Estes señores non cobraron nin un só euro do señor Aldama". E afirma: "O actual secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, non coñece este señor".
Pide que Aldama presente xa as probas a que aludía á súa saída de prisión o pasado 21 de novembro. "Non tivo o tempo de atopar as probas ou está buscándoas?, pregúntase".
En canto ás mensaxes descubertas pola Garda Civil, que demostran que falou co goberno de Venezuela, García asegura que o empresario non intermediou. "Tivo unha reunión e punto". Nega tamén que Aldama obtivese favores do Goberno.
Preguntado pola relación de Aldama con altos mandos da Garda Civil, García móstrase convencido de que o empresario ten vínculos co instituto armado. "Diso non se fala nos informes. Non imos negar o evidente; por que lle dan unha medalla?, porque se infiltrou nos comandos xihadistas? Que clase de vínculos pode ter?".