Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a 4 anos cárcere o dono de pirotecnia que devastou Paramos (Tui) tras explotar

Condenado a 4 anos cárcere o dono de pirotecnia que devastou Paramos (Tui) tras explotar

Deberá indemnizar con 280.000 euros a cada un dos dous fillos do matrimonio falecido, que no momento dos feitos tiñan 6 e 14 anos, e con 186.290 euros ás 37 persoas feridas na explosión

Os propietarios das 446 propiedades e 83 coches que resultaron danados, no seu conxunto, recibirán uns dez millóns de euros

O acusado, durante o xuizo. Europa Press O acusado, durante o xuizo. Europa Press
G24.gal 22/11/2024 18:10

Francisco G.L., o dono da pirotecnia ilegal que explotou en Paramos (Tui) en maio de 2018, provocando a morte dun matrimonio, unha trintena de feridos e 12 millóns de euros en danos materiais, foi condenado a catro anos de cárcere.

A Audiencia de Pontevedra considéralle autor dun delito imprudente de estragos, en concurso ideal con dous delitos de homicidio imprudente e vinte e oito delitos de lesións por imprudencia, e de tres delitos de risco catastrófico provocado por explosivos.

O fallo, que divulgou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, emana do acordo alcanzado entre a Fiscalía e o acusado, que inclúe dez anos de inhabilitación para exercer a súa profesión e seis de non poder aproximarse a un quilómetro da zona cero da explosión.

No ámbito da responsabilidade civil, Francisco G.L. deberá indemnizar con 280.000 euros a cada un dos dous fillos do matrimonio falecido, que no momento dos feitos tiñan 6 e 14 anos, e con 186.290 euros ás 37 persoas feridas na explosión.

As indemnizacións chegarán tamén aos propietarios das 446 propiedades e 83 coches que resultaron danados e que, no seu conxunto, recibirán uns dez millóns de euros.

Terá que abonar tamén 722.000 euros ao Concello de Tui polos danos materiais causados nas redes municipais de abastecemento, saneamento, alumeado público, electricidade, telefonía e viarias e, doutra banda, no mobiliario urbano.

Respecto de todas estas cantidades, a Audiencia de Pontevedra declara responsable civil subsidiaria á aseguradora Mapfre ata o límite da cobertura prevista na póliza de seguro contratada polo condenado, que alcanzaba os 1,5 millóns de euros.

A sentenza considera probado que como propietario de Pirotecnia La Gallega, Francisco G.L. almacenou 1,4 toneladas de produtos con carga explosiva fora de control da administración, 735,670 quilos de material clandestino de provedores españois e outros 671,136 de importación procedente de Portugal.

Ese material clandestino foi o que explotou o 23 de maio de 2018 cando, sobre as 16:15 horas, unha cantidade total non inferior aos 2.500 quilos, reaccionou de maneira espontánea por causa da degradación do material, por unha descarga eléctrica ou por precipitación ou sensibilidade dos produtos a efectos de impacto, arrasando a zona.

Tras a explosión da pirotécnica, a Garda Civil localizou en posesión do empresario tres puntos de almacenamento clandestino de material explosivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade