Cargando resultados...
Atropelada unha muller de 75 anos nun paso de peóns en Santiago
O accidente produciuse fronte a El Corte Inglés, na zona do Restollal
A vítima foi trasladada ao Hospital Clínico con feridas de consideración

G24.gal
31/03/2025 15:40
Última actualización 31/03/2025 15:53
Unha muller de 75 anos foi atropelada este luns por un coche cando cruzaba un paso de peóns en Santiago de Compostela. O suceso ocorreu arredor das 10:30 horas na rúa do Restollal, diante do centro comercial El Corte Inglés.
A vítima quedou tendida no chan baixo o vehículo e presentaba posibles fracturas. Os equipos sanitarios atendérona no lugar e trasladárona en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago.
Segundo fontes municipais, a muller comezou a cruzar co semáforo en verde, pero este cambiou a vermello antes de que chegase ao outro lado da rúa. Nese momento, o coche alcanzouna.