Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Redondela por atropelar un policía local tras unha liorta

Detido un veciño de Redondela por atropelar un policía local tras unha liorta

Os axentes pedíronlle a un dos implicados que movera o coche, e este bateu contra el

G24.gal 12/02/2025 17:27

Un veciño de Redondela foi detido na madrugada do martes despois de atropelar un axente da Policía Local de xeito intencionado tras unha pelexa.

Os axentes interviñeron para deter a liorta entre dous homes. Pedíronlle a un deles que movera o seu vehículo, xa que estaba mal estacionado. Nese momento, o home subiu ao coche e bateu contra un deles. Golpeouno nunha perna e a roda pasoulle por riba do pé. Afortunadamente, non resultou ferido de gravidade

Foi detido no acto e agora está sendo investigado como presunto autor dun delito de agresión á autoridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade