Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños do concello de Gondomar contan cun novo servizo municipal para resolver conflitos

Os veciños do concello de Gondomar contan cun novo servizo municipal para resolver conflitos

Un axente da Policía Local fará de mediador

Analizará o problema e buscará a solución o máis rápido posible

G24.gal 10/02/2025 14:33

Poucos días antes de comezar a funcionar o servizo de mediación comunitaria, a oficina, nas dependencias do concello de Gondomar, xa comezou a recibir as primeiras solicitudes.  

Ata aquí poden achegarse todos os veciños que queiran tratar conflitos específicos ou situacións que poidan deteriorar a convivencia con outros residentes. 

Desde este servizo pioneiro, que na área metropolitana só ten Vigo, tratará de buscarse a solución máis rápida e consensuada da ampla variedade de conflitos que xorden entre os cidadáns. 

A iniciativa pretende ademais fortalecer a confianza entre os cidadáns e a policía apostando por unha xestión máis próxima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade