Agricultores e gandeiros protestan polo acordo da Unión Europea co Mercosur
Aseguran que o sector é máis vulnerable que nunca e, por riba, teñen que afrontar a ameaza que supón o acordo da Unión Europea co Mercosur
Cuestionan tamén as políticas verdes europeas que se traducen nas restricións sobre o uso de produtos fitosanitarios e pola presión para acadar obxectivos medioambientais
Varias asociacións independentes convocaron estas protestas polos poucos avances logrados tras as manifestacións de febreiro do 2024. Aseguran que o sector é máis vulnerable que nunca e, por riba, teñen que afrontar a ameaza que supón o acordo da Unión Europea co Mercosur.
En Valencia ou no País Vasco. Agricultores e gandeiros denuncian a ameaza que para o sector primario supoñen os acordos comerciais da Unión Europea co Mercosur.
Uns acordos que van, din, empeorar as condicións de traballo e a viabilidade das explotacións. Cuestionan tamén as políticas verdes europeas que se traducen nas restricións sobre o uso de produtos fitosanitarios e pola presión para acadar obxectivos medioambientais.
Dende o Goberno, Óscar López di que respectan as reivindicacións do sector e defende que se atopa nunha situación mellor que o ano pasado.
Destas mobilizacións convocadas por asociacións independentes desvinculáronse os agricultores de Cataluña tras o acordo ao que chegaron onte coa Generalitat.