Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha adega do Ribeiro aposta pola tracción animal para traballar as viñas

Unha adega do Ribeiro aposta pola tracción animal para traballar as viñas

Volver aos animais é un método menos invasivo que xa empregan noutras zonas cunha fonda tradición vitivinícola como A Rioxa ou Francia

G24.gal 07/02/2025 21:30

Mellora a calidade do solo e beneficia as cepas. Ese é o motivo polo que  Lázaro Moreno, propietario de Adega Laudes, en Cenlle, decidiu introducir, de xeito experimental, a tracción animal para labrar as viñas. Un método menos invasivo que xa empregan noutras zonas cunha fonda tradición vitivinícola como A  Rioxa ou Francia. Por agora tan só usa animais nos tres viñedos cos que elabora o seu viño máis exclusivo. 

Para levar a cabo os traballos conta con Rodrigo Gómez e a súa mula Trigueña. Foi a través da Asociación Galega de Tracción Animal como se iniciou nun oficio que, di,  foi evolucionando e conta cada vez con máis demanda.  Eles xa estiveron traballando en distintos puntos de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade