Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os lácteos están presentes no 98 % dos fogares

Os lácteos están presentes no 98 % dos fogares

Só 3 de cada 10 españois toma a cantidade diaria recomenda, segundo un estudo impulsado pola Organización Interprofesional Láctea

G24.gal 10/02/2025 14:57

Os lácteos, nas súas múltiples versións, están presentes no noso día a día, e así o conclúe o estudo elaborado durante tres anos por Ikerfel para a Interprofesional Láctea no marco dunha campaña promocional levada a cabo en España e Bélxica.

Despois duns anos de baixada no consumo repuntan con forza. Os datos sinalan que están presentes na totalidade dos fogares españois. Consómese leite a diario en máis do 92 %, iogures en dous de cada tres fogares e queixo en case a metade.

"O consumo viña baixando fai anos pero agora estamos medrando un 5 % en todas as categorías lácteas", sinala o presidente de InLac Javier Rozas.

"Os lácteos están presentes na totalidade dos fogares españois e no 92% deles están presentes a diario", explica o director técnico de Ikerfel Josu Gallego.

Ollo, pese ao aumento no consumo de lácteos, os hábitos aínda non son os axeitados. Os datos reflicten que só tres de cada 10 españois toma a cantidade diaria recomendada de cando menos tres lácteos ao día.

"Os lácteos achegan proteínas de alto valor biolóxico, achegan minerais como o calcio e tamén graxas e outros compoñentes funcionais que teñen efectos metabólicos para a nosa saúde e benestar", comenta Rosaura Leis, presidenta da Fundación Española da Nutrición.

Subliñan que a campaña reforzou a percepción positiva dos lácteos en termos de calidade, confianza e sostibilidade tanto social como medioambiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade