Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfredo Conde gaña o XXXI Premio 'Álvaro Cunqueiro' polo seu traballo 'E se voara', sobre a gastronomía de Lalín

Alfredo Conde gaña o XXXI Premio 'Álvaro Cunqueiro' polo seu traballo 'E se voara', sobre a gastronomía de Lalín

O galardón entregarase o vindeiro venres 21 de febreiro na 'Gala do Cocido', retransmitida pola TVG

O xurado do premio, no concello de Lalín O xurado do premio, no concello de Lalín
G24.gal 03/02/2025 20:11

O articulista e escritor galego Alfredo Conde foi proclamado este luns como gañador do XXXI Premio 'Álvaro Cunqueiro' polo seu traballo sobre a gastronomía do municipio pontevedrés de Lalín titulado 'E se voara'.

Este galardón, promovido polo Concello de Lalín, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta e distintas asociacións gastronómicas de Galicia entregarase o vindeiro venres 21 de febreiro na 'Gala do Cocido', retransmitida pola TVG.

Ademais dos 4.000 euros que recibirá Alfredo Conde por facerse con este premio, outros 1.000 euros serán entregados ao mellor traballo académico presentado ao concurso. Nesta edición o elixido foi a reportaxe titulada 'O Sabor da Afouteza', realizado por un grupo de cinco alumnos de terceiro de xornalismo da USC.

Doutra banda, o xurado, presidido polo alcalde de Lalín e integrado por varios xornalistas, a vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación e o concelleiro de Turismo, decidiu homenaxear cunha "mención especial" á TVG polo seu "labor ao longo destes 40 anos en favor da gastronomía de galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade