Cargando resultados...
Atopan con vida o home septuaxenario desaparecido en Lalín
Atopan con vida o home septuaxenario desaparecido en Lalín
Ramón Ángel Sampayo Montoto /Concello de Lalín
G24.gal
03/02/2025 19:26
O septuaxenario desaparecido en Lalín desde a pasada noite foi localizado con vida por efectivos da Garda Civil, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
Varios axentes atopárono á primeira hora da tarde, nunha zona próxima á súa vivenda e foi trasladado en ambulancia a un hospital de Santiago de Compostela.
Na mañá deste luns, un familiar púxose en contacto con Emerxencias desde a parroquia de Anzo para alertar de que non sabía del desde a pasada noite.
A partir de aí púxose en marcha un dispositivo coordinado pola Garda Civil, con participación de Urxencias Sanitarias-061, Policía Local, Protección Civil, do Grupo Especial de Localización e Rescate da ONG IAE cos seus cans, e da Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias.