Xunta e institucións galegas envían profesionais a Valencia e Axega coordina a axuda
Xunta e institucións galegas envían profesionais a Valencia e Axega coordina a axuda
O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que entre este domingo e o luns Galicia enviará a Valencia un dispositivo para axudar as zonas máis afectadas
Detalla que Medio Rural conta con 70 ou 80 persoas; Axega tamén ten grupos dispoñibles e "unha unidade da Policía Autonómica de rescate subacuático"
Galicia enviará axuda a Comunidade Valencina nas próximas horas. O conselleiro de Presidencia reuniuse cos responsables e os servizos operativos da Delegación do Goberno, a Fegamp, Protección Civil e Emerxencias de Galicia para concretar os recursos que hai dispoñibles e coordinar a colaboración, atendendo sempre ás necesidades que van trasladando as autoridades valencianas.
Diego Calvo explicou que non se trata de enviar material ou maquinaria, senón que agora mesmo o que se precisa son unidades de intervención preparadas para traballar de forma autónoma sobre o terreo.
Detallou que "Medio Rural ten un dispositivo dunhas 70 ou 80 persoas", do mesmo xeito que Axega, que tamén ten grupos dispoñibles para prestar axuda, e tamén "unha unidade da policía autonómica de rescate subacuático".
O conselleiro lembrou que Galicia xa enviou o mércores pasado o helicóptero Pesca 1 para colaborar en tarefas de rescate e reiterou que a Xunta está en comunicación permanente con Emerxencias de Valencia.