Publicador de contidos
Publicador de contidos

'O Mercadillo' da Coruña busca local para poder celebrarse

'O Mercadillo' da Coruña busca local para poder celebrarse

Leva celebrándose en A Coruña 33 anos e os cartos recadados van destinados para a Cociña Económica

G24.gal 21/11/2024 14:12

O tradicional mercado da Cociña Económica da Coruña busca local para poder celebrarse. É a primeira vez en 33 anos que a estas alturas, co Nadal ás portas, non teñen localización. Por iso fan un chamamento para que a cidade da Coruña lles bote unha man e poidan seguir cumprindo con esta tradición solidaria.

Isabel Ruíz, responsable de 'O Mercadillo', di que "buscan un local, a ser posible, que supere os 100 metros e que estea ben situado, no centro da Coruña".

Chamamento que fan, por certo, con importantes doazóns xa nas mans. Malia todo, confían na solidariedade dos coruñeses, que o ano pasado deixaron coas súas compras máis de 40.000 euros destinados á Cociña Económica. Para esta edición, que sería a número 33, non só confían en que apareza un lugar, senón tamén que se supere esa cifra. Para calquera interesado remite ao teléfono 607531986

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade