A ONG Recycling de Lalín recolle bicicletas para levar a Valencia
A ONG Recycling de Lalín recolle bicicletas para levar a Valencia
Recollerán bicis ata o día 29 de novembro e buscan puntos de recollida na Coruña e en Pontevedra
A oenegué lalinense Recycling, que se dedica á recollida de bicicletas para doar a persoas que as poden necesitar, recólleas desta volta para os afectados pola DINA en Valencia. Teñen varios puntos de recollida no país e aínda buscan para Pontevedra e A Coruña.
A iniciativa xorde logo de que un veciño de Lalín que vive nunha das zonas afectadas chame á Recycling para informarlles de que fan moita falta bicicletas para desprazarse ou para repartir axuda. A partir deste momento a oenegué ponse en marcha e comezan coa recollida, desta volta solicitan bicis de adultos e que estean en bo estado xa que por cuestión de tempos non teñen marxe para amañalas.
A resposta da xente está xente moi positiva e remiten ás redes sociais de Recycling para coñecer os diferentes puntos de recollida en Lalín, Santiago, Vigo ou Ourense. Con todo fan un chamamento para que se ofrezan puntos de recollida en Pontevedra ou Coruña. Ata o 29 de novembro estarán recollendo, contan con levar entre 50 e 60 bicicletas, unha estimación que mesmo pode superarse.