Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 25.000 persoas esixen na rúa a dimisión de Mazón pola xestión da DINA

Unhas 25.000 persoas esixen na rúa a dimisión de Mazón pola xestión da DINA

Cinco meses despois da devastadora gota fría, milleiros de persoas manifestáronse polo centro de Valencia, coas vítimas á cabeza

Nesta sexta marcha tras a catástrofe, volveron pedir responsabilidades, xustiza e a marcha do presidente da Generalitat

Protesta en Valencia este sábado contra a xestión da dina
G24.gal 29/03/2025 21:06 Última actualización 29/03/2025 22:07

E cinco meses despois da DINA as vítimas da traxedia, canda traballadores de emerxencias, encabezaron a sexta marcha masiva en Valencia para esixir a dimisión de Mazón e para reclamar "xustiza".

Milleiros de persoas tomaron as rúas da cidade nunha protesta convocada por entidades cívicas, sociais e sindicais e cun berro unánime "Mazón dimisión" e outros contra o presidente da Generalitat. Reclaman que se asuman "as responsabilidades políticas" pola xestión da DINA, que Mazón se vaia e que se faga "xustiza".

Denunciaron tamén as políticas do goberno autonómico tras o seu pacto con Vox. A marcha prodúcese cinco meses despois da devastadora gota fría que deixou 228 vítimas e un desaparecido. Na marcha foi unánime a crítica contra a que cualifican de "nefasta xestión" do presidente Mazón e aseguraban os participantes que non poden entender como logra manterse no posto.

Os convocantes confían en que a presión exercida co avance da causa da xuíza de Catarroja, Nuria Ruiz, acabe obrigando a Mazón a dimitir. A investigación sobre a responsabilidade da DINA, que indaga nas eventuais responsabilidades da Administración sobre a catástrofe, conclúe que lle correspondía ás autoridades autonómicas alertar a poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade