Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopa o piso ateigado de lixo despois de desafiuzar a inquilina en Noia

Atopa o piso ateigado de lixo despois de desafiuzar a inquilina en Noia

A propietaria pediu axuda do Concello para facer unha limpeza especializada ao considerar que a vivenda constitúe un problema de saúde pública

G24.gal 31/03/2025 15:54 Última actualización 31/03/2025 17:06

Desfeito e cheo de lixo e excrementos. Así é como atopou o seu piso unha veciña de Noia despois de desafiuzar a inquilina.

Había tempo que sospeitaba o que ocorría polo cheiro que saía da vivenda. Pero nunca imaxinou o que ía atopar ao recuperala.

Despois de moitos meses sen que a inquilina lle pagara o alugueiro, a dona do piso logrou desafiuzala a pasada semana.

Pero o pesadelo non rematara. Ao entrar na vivenda atopouna chea de lixo, con importantes danos, excrementos por todo o chan, e un gato que está en mans dunha protectora local.

A propietaria di que o seguro non se fai cargo da desfeita e pide axuda ao Concello para que lle axude a facer unha limpeza especializada canto antes.

Asegura que tal como está, trátase dun foco de infección e un problema de saúde pública do que xa advertira hai tempo os Servizos Sociais, ante a sospeita de que a inquilina puidese estar acumulando lixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade