Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nova senda peonil e para bicis une a Intermodal de Santiago e a sede da Xunta

Unha nova senda peonil e para bicis une a Intermodal de Santiago e a sede da Xunta

Son algo máis de 3 quilómetros, nos que a Xunta investiu 2,4 millóns de euros para priorizar a mobilidade sostible na cidade

Compostela convértese, conforme a Administración galega, nun referente canda Amsterdam ou Rotterdam en dotacións de sendas verdes, das que tamén se benefician as persoas con mobilidade reducida

O novo itinerario intégrase nun percorrido que vertebrará a cidade con 11 quilómetros, que van unir O Milladoiro coa Intermodal para prolongarse ata o hospital de Santiago

 

 

Nova senda peonil, para bicis e para persoas con mobilidade reducida en Santiago entre a Intermodal e San Caetano
G24.gal 29/03/2025 13:57

Santiago avanza cara a unha mobilidade sostible coa apertura de novas sendas que lles dan prioridade a peóns, bicicletas e persoas con mobilidade reducida. O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e a de Planificación de Infraestruras, María Martínez Allegue, canda outras autoridades e membros de Composcleta e de COGAMI percorreron en bicicleta e en cadeira de rodas un treito do novo eixo de mobilidade sostible e verde entre a Intermodal de Compostela e o edificio da Xunta en Santiago.

Son 3,3 quilómetros para bicis e peóns cun investimento de 2,4 millóns de euros. Intégrase nun percorrido de 11 quilómetros cuns 11 millóns de investimento que a finais de 2025 unirá O MIlladoiro coa Intermodal, para enlazar ata o Clínico. A Xunta asegura de que se trata de favorecer unha mobilidade accesible, integrada e verde para todos, e que canda medidas como aparcamentos disuasorios permitan que se evite o uso dos coches nas cidades en favor do transporte público.

A apertura deste treito permite o desprazamento a pé, en bici ou en cadeira de rodas desde a estación de tren e bus, polas Brañas do Sar, as Fontiñas, ata distintos centros comerciais ou deportivos, como as instalacións do Sar, ata a sede da Xunta en San Caetano. En bicicleta o percorrido desde a Intermodal ata San Caetano leva uns 12 minutos.

Estas sendas, asegura a Xunta, poñen a Compostela como referente europeo en mobilidade sostible canda cidades como Amsterdam ou Rotterdam.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade