Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña de seguridade viaria para bicicletas na Coruña

Comeza a campaña de seguridade viaria para bicicletas na Coruña

Estes primeiros días de febreiro será explicativa, pero despois chegaranse a pór multas polas faltas

G24.gal 05/02/2025 15:33

O Concello da Coruña iniciou unha campaña a pé de rúa para informar sobre seguridade viaria a persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, con especial atención ás que empregan o servizo municipal de préstamo BiciCoruña.

Os axentes da Policía Local situaranse en puntos de gran afluencia destes vehículos na cidade para facilitar información sobre a normativa de uso que deben cumplir os usuarios e usuarias e nestes primeiros días de febreiro a campaña será explicativa, pero despois, quen cometa algunha infracción terá que rascar o peto.

As persoas destinatarias recibirán información sobre a importancia de usar casco, a prohibición de empregar a bicicleta ou VMP por máis dun pasaxeiro, circular por beirarrúas e zonas peonís sen baixar do vehículo e respectar as normas de circulación establecidas para todo tipo de vehículos. 

Con respecto ao servizo municipal de BiciCoruña, considéranse como faltas graves saír do termo municipal con estes vehículos, así como non depositala nun punto de ancoraxe tras o período de préstamo ou cedela a outra persoa non usuaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade