Buscan un condutor que circulaba sen ITV nin carné e que bateu coa policía en Vilagarcía
Cando os axentes tentaron darlle o alto, o home emprendeu a fuxida a toda velocidade saltándose sinais de dirección prohibida e mesmo circulando por riba da beirarrúa
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250205/colBUSCANCONDUTORSENCARNEFUXIDOVILAGARCIA_frame_114.png)
As forzas da orde buscan un condutor sen carné que tratou de arremeter contra un coche patrulla en Vilagarcía e despois emprendeu unha fuxida case de película. Os policías detectaran que o seu vehículo non tiña a ITV en vigor, e, por se fora pouco, o seu propietario tiña retirado o permiso de conducir.
Cando os axentes tentaron darlle o alto, o home emprendeu a fuxida a toda velocidade. No seu camiño saltouse sinais de dirección prohibida e mesmo circulou por riba da beirarrúa. A persecución rematou en Vilaxoán, onde lle perderon a pista. A Policía Nacional agarda que as cámaras de seguridade instaladas na zona poidan servirlle para dar coa identidade do fuxido.