Publicador de contidos

Publicador de contidos

O problema dos residuos téxtiles: o 90 % da roupa usada acaba no vertedoiro

O problema dos residuos téxtiles: o 90 % da roupa usada acaba no vertedoiro

A lei de residuos obriga a poñer en funcionamento un sistema de recollida selectiva de residuos téxtiles e calzado

G24.gal 05/02/2025 14:31

As empresas de roupa producen hoxe case o dobre que no ano 2000. Máis produción implica tamén máis residuos. Compramos e tiramos máis. Ata agora, o 90 por cento desa roupa usada acaba no vertedoiro. Pero esta tendencia parece que está en proceso de cambio. Pouco a pouco imos concienciándonos da necesidade de reciclar a roupa que xa non necesitamos.

A normativa europea vai cara a unha economía circular de residuos cero. Dende o pasado un de xaneiro a lei de residuos obriga os concellos a poñer en funcionamento un sistema de recollida selectiva de residuos téxtiles e calzado. Algunhas marcas de roupa facilitan tamén a reciclaxe colocando colectores nas súas tendas.

E xa se empezan a ver os resultados desta medida co incremento de residuos nas plantas de recollida. En España cada habitante xera 19 quilos de residuos de roupa ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade