Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon Gesuga como exemplo da xestión responsable de residuos

Rueda pon Gesuga como exemplo da xestión responsable de residuos

Alfonso Rueda visitou as instalacións da empresa en Cerceda, onde se procesan os restos animais e se transforman en biodiesel, fariñas e materiais para cementeiras

O alcalde socialista de Cerceda defende a implantación industrial e di que non se pode instaurar en Galicia "o discurso do non"

Alfonso Rueda, durante a súa visita a Gesuga en Cerceda (Efe/Kiko Delgado)
G24.gal 10/04/2025 14:52

Nas instalacións de Gesuga en Cerceda reciben cada día máis de 900 avisos de explotacións gandeiras e matadoiros. Aquí transforman os restos animais en fertilizantes, fariñas, biodiésel e materiais que se empregan para facer cemento.

O alcalde de Cerceda, o socialista Juan Manuel Rodríguez García, dixo que en Galicia non se pode instaurar "o discurso do non" e celebrou que a empresa estea no municipio.

"A Gesuga valorámola positivamente como todas as empresas que veñen crear emprego ao concello", dixo Rodríguez García. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu unha transición ecolóxica "sen dogmas" para non levar "todo por diante". Durante a visita que realizou este xoves con motivo da inauguración da súa nova planta loxística, reprochou que se quixese instalarse agora en Galicia "habería algúns que dirían que non", porque son os que "non queren que se instale nada en ningún sitio", e esta compañía iríase a outra comunidade autónoma. 

Rueda puxo a Gesuga como exemplo da xestión responsable dos residuos.

"Non hai moito tempo Galicia estaba chega de vertedoiros, cousas que agora nos parecen impensables, iso pasaba hai pouco tempo", dixo Rueda. 

O presidente galego engadiu que a Xunta sempre vai ser esixente cos requisitos medioambientais: "Hai que ser esixentes coas instalacións que deciden implantarse en cada concello pero hai que poñelas". 

Gesuga é a empresa máis grande de España de procesamento de restos animais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade