Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda presenta a primeira planta pública de Galicia para tratar residuos téxtiles

Rueda presenta a primeira planta pública de Galicia para tratar residuos téxtiles

Estará situada a carón de Sogama, en Cerdeda, e entrará en funcionamento o vindeiro ano

O presidente da Xunta destaca que é un un proxecto pioneiro polo que xa se están interesando outras comunidades

O problema dos residuos téxtiles: o 90 % da roupa usada acaba no vertedoiro

G24.gal 05/02/2025 14:25 Última actualización 05/02/2025 14:41

A futura planta de reciclaxe de residuos estará situada nestes terreos a carón de Sogama, en Cerceda. Estará rematada no segundo semestre de 2026 e vai permitir preparar ata 24.000 toneladas de roupa ao ano. 

A directora xeral de Sogama, Mirta Sueiro explica que se va vai facer "unha primeira clasificación para retirar o que non é téxtil e tamén as pezas que sexan aptas para segunda man, e a continuación se vai clasificar de forma automática por composición e por cor"

A Xunta inviste 25 millóns de euros na planta de reciclaxe téxtil. Alfonso Rueda destacou que se trata dun proxecto pioneiro, polo que xa se están interesando outras comunidades:  "A reciclaxe téxtil é un problema a nivel mundial, unha necesidade. Moitas comunidades están preguntando como fixemos este proxecto que todo o mundo vai ter que facer. Galicia, unha vez máis a través de Sogama, volve ser pioneira". "Seguiremos avanzando nesta Galicia verde", aseverou Rueda.

Dende o 1 de xaneiro deste ano os municipios teñen a obriga de facer a recollida separada de residuos téxtiles. Alfonso Rueda dixo que o Goberno galego traballa a carón dos concellos para facilitar a xestión e avanzar na economía circular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade