Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta sanciona o concello da Coruña con 100.000 euros por carecer do quinto colector

A Xunta sanciona o concello da Coruña con 100.000 euros por carecer do quinto colector

O programa de recollida de residuos da Coruña, que recicla en Nostián, incumpre a normativa europea, segundo a Xunta, que emprega o modelo de Sogama

O concello da Coruña defende o seu modelo de recollida e reciclaxe e xa anunciou que vai recorrer contra a sanción: "Sogama nin separa nin recicla nin recupera"

 

Os cinco colectores de Sogama que se adaptan a norma da Xunta Os cinco colectores de Sogama que se adaptan a norma da Xunta
G24.gal 01/03/2025 09:17

A Xunta inicia un procedemento sancionador contra o Concello da Coruña por non instalar o quinto colector, o de envases lixeiros, necesario para adaptar a recollida de residuos á normativa europea

Este procedemento sancionador implica unha multa de 100.000 euros. O Concello da Coruña aclara que recorrerá ao ver atacado o seu modelo.

Fontes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático informaron a EFE este venres de que xa notificaran ao Concello coruñés deste procedemento sancionador pola comisión dunha infracción administrativa grave da lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular. Explica a Xunta que A Coruña incumpriu a súa obrigación de establecer a recollida separada de residuos.

O Concello considera que esta sanción é un atropelo e anunciou que vai presentar alegacións e chegar ata onde faga falta.

O que establece a normativa europea é que xa non é posible manter o sistema actual que desenvolven A Coruña e a súa área metropolitana a través da planta de tratamento de residuos de Nostián e que se denomina húmido-seco.

Co modelo actual da Coruña hai catro contedores, por unha banda o de orgánico -húmido- e por outro son tres de inorgánico, aínda que o vidro ten un específico e o papel e o cartón, outro.

En cambio, a norma esixe un quinto contedor para envases lixeiros, que é o que falta na Coruña e en todos os concellos que tratan os seus residuos en Nostián.

O portavoz do Concello, José Manuel Lage, dixo, como xustificación, que se en Galicia, que utiliza a planta de Sogama situada en Cerceda, se recollen 18.000 toneladas de envases lixeiros pertencentes a uns  2,2 millóns de persoas; Mentres que só na Coruña e a súa área, con 390.000 persoas recupéranse 12.000 sobre unha poboación moito menor, unhas cifras que atribuíu ao modelo Nostián.

"Sogama nin separa nin recicla nin recupera. A Xunta leva anos boicoteando o noso modelo. O normal é un sistema de cooperación Nostián-Sogama", expuxo.

Fontes municipais agregan que o Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeu á Coruña 11 millóns de euros en xullo do ano pasado para melloras na planta de Nostián, pero a Xunta tardou seis meses en iniciar os trámites para empezar a dispoñer dos fondos.

Segundo a Consellería de Medio Ambiente, nesta sanción ten en conta a eventual apreciación das agravantes de intencionalidade, ao tratarse dunha entidade local plenamente coñecedora da normativa aplicable en materia de recollida separada de residuos, así como a continuidade da conduta infractora, a non implantación dun sistema de reciclaxe separada para envases lixeiros e a elevada densidade de poboación.

A conselleira Ángeles Vázquez xa avisou nas últimas semanas de que se iniciaría este procedemento sancionador porque se trata dun incumprimento grave que non se pode consentir.

A multa ascende a 100.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade