Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sorpresa e indignación entre os hostaleiros de Sada por mor dos novos contedores para a recollida de residuos orgánicos

Sorpresa e indignación entre os hostaleiros de Sada por mor dos novos contedores para a recollida de residuos orgánicos

Din que non hai suficientes porque os veciños tamén depositan as bolsas nos mesmos contedores

O novo sistema de contedores forma parte dun plan para modernizar a xestión de residuos

G24.gal 20/03/2025 14:11

Nun recipiente duns 30 centímetros de alto por 20 centímetros de ancho é onde os hostaleiros teñen que botar os residuos que xeran.

"Amólanos moito porque as bolsas son moi pequenas. Coas mondas dun saco de patacas xa enches a bolsa", explican dúas hostaleiras.

E unha vez que enchen a bolsa teñen que ir aos contedores de cor marrón, que, segundo din, son insuficientes, porque aquí tamén depositan os veciños os seus residuos.

"Temos que ir a uns cen metros botar o lixo porque aquí diante non puxeron contedor de cor marrón. Facilmente, oito ou nove locais temos que ir ata alí. E continuamente".

Ademais, funcionan con tarxeta electrónica, que, ao parecer, ás veces falla.

"Xa nos pasou de utilizar a tarxeta e non ía. Chamamos por se tiñamos que activar algo, pero dixéronnos que non. A verdade é que non estamos contentos. É un atraso moi grande. Polo menos para os hostaleiros".

O novo sistema de contedores con tarxeta electrónica forma parte dun plan para modernizar a xestión de residuos, segundo a normativa europea de reciclaxe e redución de residuos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade