Multicines Norte será Vigués Distinguido a partir deste mércores
Xa son as salas máis veteranas de Vigo con estreas e cine independente e de autor
Multicines Norte é moito máis que as súas cinco salas de proxección, onde este luns se puido ver Flow ou Los aitas. Está aberto a cinefórums, eventos, estreas e mesmo festas de aniversario. Aquí Superman, Capitán América ou Spiderman non teñen cabida. Aquí vese cinema de autor, independente e alternativo.
Aquí tamén se estreou en Vigo O que arde. É unha sala especial para os que aquí acoden, pelis especiais, versións orixinais e prezos moi axustados que non chegan aos oito euros as fins de semana e a catro o día do espectador.
Os Norte sobreviven fronte ao coloso de Vialia co seu propio guión nun Vigo en que os outros catro multicines chegan a proxectar o mesmo filme en oito salas distintas.