Cargando resultados...
As rúas de Damasco, dende os ollos dun galego que traballa en Oriente Medio
Este espectador da Galega envíanos imaxes dende unha Siria que vai deixando a guerra atrás
G24.gal
27/03/2025 20:43
Última actualización 27/03/2025 21:07
Vemos Oriente Medio dende os ollos de Xabier, galego da Limia que traballa alá.
A súa sombra pisa unha cidade viva de 5.000 anos. É Damasco, capital de Siria, país que está vendo nacer unha nova era na súa historia. Foron 14 anos de guerra, e a vida, a música parece que foi deixando atrás o medo a pasear.
E, cun respecto milenario, a Gran Mesquita de Damasco mantén a cabeza alta como símbolo da convivencia das distintas relixións. A mirada de Xabier, espectador da Galega en Damasco, semella quedar pousada nesa certa idea da harmonía.