Publicador de contidos
Publicador de contidos

O duque de Alba, de visita oficial en Galicia para ser nomeado fillo adoptivo de Monforte

O duque de Alba, de visita oficial en Galicia para ser nomeado fillo adoptivo de Monforte

O mesmo recoñecemento que recibiu a súa nai hai 60 anos

O duque de Alba é tamén o XXIII conde de Lemos

G24.gal 28/06/2024 20:58 Última actualización 28/06/2024 21:32

Sesenta anos despois da visita da súa nai, o actual duque de Alba chega a Galicia en AVE. Vén en viaxe oficial con dous acompañantes para recibir este sábado en Monforte as credenciais de fillo adoptivo.

"Demasiado tempo pero aquí estamos. Encantado de volver a Galicia, esta terra fermosa e tan vencellada á miña familia desde hai milleiros de anos", aseguraba Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo nas estación de Ourense.

Entre os moitos títulos que atesoura está o de ser o vixésimo terceiro conde de Lemos.

Na capital da Ribeira Sacra visitará algunhas das que foron propiedades da Casa de Alba. A maioría, como outras repartidas por toda Galicia, están cedidas temporalmente a organismos públicos ou institucións. É o caso do colexio dos Escolapios, a Torre da Homenaxe ou do pazo que alberga o Parador de Monforte, onde se aloxa durante os tres días desta visita oficial.

A axenda da viaxe tamén inclúe un acto oficial na Deputación de Lugo, visitas a diferentes monumentos e ata unha cata de viño nunha adega da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar