A "máquina do tempo" avalía en Vigo os hábitos de vida de quen entre nela
A "máquina do tempo" avalía en Vigo os hábitos de vida de quen entre nela
Trátase dunha campaña en que os participantes poden acceder de xeito gratuíto a unha serie de probas médicas para avaliar os seus hábitos e mellorar o seu estilo de vida
Pese ao seu nome de ciencia ficción, a máquina do tempo é moi real. Trátase dunha campaña da Fundación Mapfre, na que os participantes poden acceder a unha serie de probas médicas gratuítas para saber que efectos teñen os seus hábitos sobre eles e que poden mellorar para aumentar o seu tempo de vida.
As actividades da campaña desenvólvense nun autobús itinerante que está recorrer diferentes cidades de España. Desde este xoves está situada na farola de Urzáiz, e permanecerá aí ata o sábado 8 de xuño.
Eva Arranz Holguín, médico de Fundación Mapfre, explica que "levar un estilo de vida saudable, pódenos facer gañar ata catorce anos de vida, pero só con algún hábito que cambiemos, poderemos mellorar: deixando de fumar, ata dez; adelgazando, catro; realizando actividade física de maneira regular; máis de tres".
Da man de especialistas, os asistentes poden analizar o impacto que o seu estilo de vida ten sobre a súa saúde e, o máis importante, que hábitos mellorar para vivir máis anos. O primeiro é contestar un cuestionario sobre os hábitos de cada persoa. Mediante algunhas probas analizan o impacto do seu estilo de vida. E por último, os especialistas danlle algúns consellos.
O obxectivo desta campaña é concienciar a poboación de que estilo e esperanza de vida están totalmente conectados e, en gran parte, nas nosas mans.