Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Finola Vázquez, actriz de series como 'Rías Baixas' e 'Terras de Miranda'

Falece Finola Vázquez, actriz de series como 'Rías Baixas' e 'Terras de Miranda'

Recibiu o premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto no ano 2001

Faleceu o pasado sábado día 15 Faleceu o pasado sábado día 15
G24.gal 17/03/2025 19:01

A actriz Finola Vázquez, que naceu en Neda (A Coruña), faleceu o pasado sábado aos 95 anos de idade deixando unha destacada traxectoria na televisión e o cine. A intérprete obtivo un gran recoñecemento coa súa participación en series como `Rías Baixas´, `Terras de Miranda´, `Gondar y El Comisario´.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que lembra a carreira desta actriz e mostra o seu agarimo a familiares e amigos.

Obtivo o Premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto no ano 2001. Tamén actuou en películas como `Os mortos van rápido´ e `Hotel Tívoli´.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade