O sismo deixa xa 200 mortos en Myanmar, con graves danos tamén en Tailandia e na China
En Bangkok son xa tres os mortos, 50 feridos e 80 os desaparecidos tras colapsar un edificio en construción na zona de Chatuchak
As autoridades locais da antiga Birmania non informaron aínda de vítimas mortais, malia que as testemuñas falan dunha ponte e un mosteiro destruídos e de danos no pazo histórico de Mandalay
A xunta militar que detenta o poder en Myanmar (a antiga Birmania) declarou este venres o estado de emerxencia en seis zonas do país debido aos danos causados por un terremoto de 7,7 de magnitude.
As autoridades de Myamar elevan a 200 os mortos e a 730 feridos a causa do sismo, e o voceiro da xunta militar, Zaw Min Tun, fixo un raro chamamento á axuda internacional.
O tremor rexistrouse ás 12:50 hora local a 10 quilómetros de profundidade e o epicentro situouse a uns 17 quilómetros de Mandalay, a segunda cidade do país asiático con 1,2 millóns de habitantes e provocou importantes danos na veciña Tailandia.
Os relatos dalgunhas testemuñas, que recollen distintos medios de comunicación, falan de graves danos no pazo histórico de Mandalay, nunha ponte e en edificios e vías de todo o país. A Cruz Vermella teme que o tremor ocasionara danos nun encoro.
As forzas armadas, que detentan o poder tras dar un golpe o 1 de febreiro de 2021, declararon que o estado de emerxencia se aplicaba en Sagaing, Mandalay, Magway, o nordés do estado de Shan, Naipyidó e Bago.
O de hoxe é un dos máis fortes rexistrados nos últimos anos, e os seus efectos estendéronse á veciña Tailandia e ás rexións máis próximas da China.
Tres mortos, 50 feridos e 70 atrapados nun edificio en Bangkok tras o terremoto
Polo menos tres persoas faleceron, 50 quedaron feridas e 80 están desaparecidas despois de que un edificio se derrubara en Bangkok tras o sismo de magnitude 7,7 que sacudiu este venres Myanmar.
O inmoble estaba na fase final de construción na zona de Chatuchak, onde está situado un popular e turístico mercado de rúa. As autoridades estiman que hai máis de 80 persoas atrapadas aínda baixo os cascallos.
Segundo a empresa construtora, no momento do sismo traballaban no inmoble 320 persoas. Vinte están atrapadas no oco do elevador.
Os equipos de emerxencia están despregados por toda a zona, que quedou chea de po de cemento como consecuencia do colapso do edificio.

A primeira ministra de Tailandia, Paetongtarn Shinawatra, declarou hoxe o estado de emerxencia na capital. Evacuaron temporalmente numerosos edificios residenciais e oficinas na capital e suspenderon temporalmente todas as liñas de metro e tren lixeiro. Edificios enteiros colapsaron como consecuencia do movemento sísmico.
⚠️ 14:00น. ภาพหลังตึกถล่ม จตุจักร กรุงเทพฯแผ่นดินไหว (28มี.ค.68 13:20น.) ยังไม่ทราบ จำนวนผู้บาดเจ็บ/เสียชีวิต
— สถานีสื่อช่อสะอาด (@fm10750) March 28, 2025
⚠️ อาคารนี้ กำลังก่อสร้าง เป็นอาคาร 30 ชั้น ของสำนักงานตรวจเงินแผ่นดิน ย่านจตุจักร
⚠️ภายในอาคารมีคนงานที่กำลังทำงานเกือบร้อยคน#แผ่นดินไหว #ตึกถล่ม #จตุจักร pic.twitter.com/DIdF8bxTUr
O sismo causou danos nun edificio da capital que alberga unha gran piscina na terraza. As imaxes do inmoble vertendo litros e litros de auga cara ao exterior a modo de ferevenza están dando a volta ao mundo.
🚨🇹🇭 HỒ BƠI SKYLINE Ở BANGKOK BỊ VỠ TRONG TRẬN ĐỘNG ĐẤT RUNG CHUYỂN THỦ ĐÔ THAILAND
— NHATOT (@nhatotvn) March 28, 2025
Một lượng nước khổng lồ tràn xuống bên hông tòa nhà, biến hồ bơi thành thác nước tạm thời khi trận động đất làm rung chuyển thủ đô Thailand
Trận động đất có tâm… https://t.co/stRbh8zhCJ pic.twitter.com/5uiMEU8WvR
O Departamento Meteorolóxico tailandés advertiu de posibles réplicas, polo que recomenda a poboación tomar as precaucións necesarias e permanecer ao aire libre.
Myanmar atópase preto dunha zona de alta actividade tectónica pola presión entre a placa do subcontinente indio, ao sur, e a euroasiática, ao norte.