Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xunta militar eleva a máis de 1.600 as vítimas mortais polo tremor de Myanmar

A xunta militar eleva a máis de 1.600 as vítimas mortais polo tremor de Myanmar

O terremoto, que sacudiu este venres o centro-norte do país, tamén deixa 3.408 persoas feridas e 139 desaparecidas

Edificios derruídos en Mandalay. REUTERS
G24.gal 29/03/2025 16:49 Última actualización 30/03/2025 08:42

A xunta militar birmana elevou este sábado a 1.644 as persoas falecidas, 3.408 as feridas e 139 as desaparecidas polo tremor de magnitude 7,7 que sacudiu a zona centro-norte de Myanmar, segundo informou a través da canle de radio e televisión oficial (MRTV).

O Goberno militar, que se atribuíu o poder dende o golpe de estado de 2021, declarou o estado de emerxencia en seis zonas: Sagaing, Mandalay, Magway, Shan, Naipyidó e Bago, onde existe un conflito activo coas guerrillas rebeldes étnicas e prodemocráticas.

O tremor rexistrouse este venres ás 12:50 hora local na rexión de Sagaing, a 10 quilómetros de profundidade, segundo o Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS), e co epicentro entre as cidades de Sagaing e Mandalay.

Un edificio afectado en Mandalay. REUTERS Un edificio afectado en Mandalay. REUTERS

Illamento de zonas rebeldes

O Movemento de Desobediencia Civil, xurdido tras a sublevación militar que puxo fin a unha década de transición democrática e abocou o país ao ostracismo internacional, alertou do illamento de zonas rebeldes na súa conta de X.

"Sagaing está moi afectada, pero a xente alí non ten acceso a Internet. A xunta cortou o acceso a Internet en moitos lugares de Sagaing e a rexión de Mandalay, onde a resistencia é forte (...) A situación en Mandalay é moi dura. Non sabemos exactamente a cifra de falecidos, pero Mandalay acolle moitos desprazados internos doutras rexións. Hai moitos afectados", engadiu.

Segundo a ONU, ao redor de 3,5 millóns de persoas atópanse desprazadas en Myanmar, onde o Exército non controla gran parte do territorio e utiliza os apagamentos de telecomunicacións para dobregar o inimigo.

Templo derrubado en Mandalay. REUTERS/Redes sociais Templo derrubado en Mandalay. REUTERS/Redes sociais

O Exército realizou un inusual chamamento de axuda internacional tras o terremoto, coa China, India e Rusia entre os primeiros en poder realizar envíos.

Edificio derrubado en Bangkok, tras o tremor. REUTERS/Chalinee Thirasupa Edificio derrubado en Bangkok, tras o tremor. REUTERS/Chalinee Thirasupa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade