Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pagar por conectarse no bar

Pagar por conectarse no bar

Hai locais que cobran como servizo adicional a carga do móbil, do portátil ou a conexión á wifi

Non é ilegal sempre e cando se avise ao cliente con antelación

Un cliente copia o código QR para entrar na wifi da cafetería
G24.gal 04/03/2025 16:07 Última actualización 04/03/2025 21:00

Que nun establecemento hostaleiro cobren por cargar o móbil, o portátil ou por conectarse á súa wifi non é moi habitual, pero sucede.

"Pois mal, é como se vas ao baño e che teñen que cobrar o papel".

"Se non o sei, pois si que me parecería un pouco mal porque non avisan e, aínda que é un servizo que me parece interesante. deberían de avisar".

"Hai moita xente, porque a teño visto que chega, enchufa e viva España, e tampouco é así", comentan varios clientes dunha cafetería

Pero é legal o cobro por ese servizo adicional?

"Non é ilegal cobrar por isto sempre que se cumpran os requisitos mínimos e obrigatorios. É dicir, que o consumidor o saiba por adiantado, que coñeza cal é o importe e polo tanto poida tomar a decisión ao respecto de facer uso dese servizo ou non facelo", explica Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia

Esta é a nova polémica que circula polas redes sociais despois de que se publicase esta factura. Corresponde a unha clienta que pasou horas ocupando unha mesa, co seu portátil enchufado e enganchada á wifi do local, e por ese servizo cobráronlle 5 euros.

"O que non podemos considerar, e cremos que está completamente fóra de lugar, que se cobre por ese servizo e ademais que se faga nunha contía tan esaxerada que no caso que puidemos coñecer é moi superior ao propio importe da consumición do cliente", continúa.

A posibilidade de recargar dispositivos e de usar a wifi local é para moitos establecementos un servizo reclamo para atraer clientes.

"Normalmente, a xente que cobra por estes servizos di que cun café poden botar toda a mañá. Eu podo dicir na miña casa e no meu caso iso cóntase cos dedos dunha man. E eu sempre xustifico que se só toman unha, polo menos crean ambiente e a xente que pasa pola rúa entra onde hai ambiente, co cal pois hai que estar agradecidos sempre", apunta Óscar de Toro, barista no Café Venecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade